Compañías e artistas de Chile, Uruguai, Italia, Brasil, Arxentina, Colombia, El Salvador, India e do Estado español actuarán dentro do programa desta 31ª edición, que se celebra entre o 10 e o 18 de outubro.
O XIV Congreso Internacional Conxemar-FAO-MAPA reuniu esta segunda feira en Vigo representantes institucionais, organismos internacionais e profesionais do sector para analizar os retos da industria pesqueira e da transformación de produtos do mar, desde a competitividade e a trazabilidade até a…
A muller, duns 60 anos, atopábase en situación de vulnerabilidade desde había anos e non tiña recursos para afrontar o enterro. A veciñanza foi quen deu a voz de alarma despois de comprobar que permanecía na vivenda xunto ao cadáver do seu marido, falecido esta sexta feira.
O presidente do Goberno español aproveitou a reunión extraordinaria desta segunda feira para activar o discurso electoral tras anunciar o adianto das eleccións xerais ao 29 de novembro.
Traballadores e traballadoras de Monbus concentráronse este domingo ás portas do Multiusos Fontes do Sar, en Santiago, coincidindo co partido do Obradoiro, para denunciar os despedimentos na empresa e reclamar a readmisión do persoal afectado.