O profesor da UDC Ricardo García Mira recibe unha distinción académica da Universidade Tsing Hua de Taiwán
García Mira participou como conferenciante principal no Congreso Internacional sobre Innovación Educativa, que decorre en Hsinchu. A súa intervención centrouse na cidade como contorna de aprendizaxe e na maneira en que a infancia percibe e coñece o espazo urbano.