Silencio en San Caetano ou medo a meter a zoca? Rueda non admitirá preguntas nas comparecencias tras o Consello da Xunta até despois das eleccións
O presidente do Goberno galego, que pon como pretexto para non atender aos medios a precampaña do 29-N, xa foi amoestado por vulnerar a lei electoral con anuncios como os que volveu reproducir esta segunda feira, desta vez sen aceptar preguntas, na comparecencia posterior ao Consello da Xunta.