Sábado negro para o Dépor, que perde en Mendizorroza e o feminino tamén cae en Badalona
O Dépor perdeu este sábado por 3-1 en Mendizorroza ante o Alavés, rival directo na loita polos postos europeos, nun partido no que os de Antonio Hidalgo perderon os papeis desde o inicio. Tampouco o equipo feminino sumou, ao caer por 2-1 no campo do FC Badalona.