Carmen Rodríguez (PSOE): "Ourense sae beneficiada cun Goberno de progreso no Estado liderado polo PSOE"
Carmen Rodríguez Dacosta (Ourense, 1969), avogada e deputada no Parlamento galego, encabeza a candidaura do PSOE ao Congreso por Ourense. Atende Nós Diario nesta rolda de entrevistas ás candidatas e candidatos ás Cortes Xerais.