Fronte Ampla propón unha prestación universal de 200 euros por crianza
A formación alerta de que 68.000 menores están en risco de exclusión social na Galiza, 10.000 máis que o ano anterior, e reivindica o novo decreto estatal de diversidade familiar tras unha reunión con EAPN Galicia.