No marco da política terrorista inaugurada polos sublevados en xullo de 1936 o presidio da Escollera foi o cerne dun enorme sistema carcerario que era a base de accións punitivas de moi diverso tipo, desde as detencións temporais ou condenas a pena de cárcere, até as execucións (xudiciais ou…
Para que a IA poida recoñecer os padróns, ten que haber un adestramento previo da mesma. Para iso recórrese a países do sur global con condicións laborais miserables
Organizacións sindicais e partidos políticos convocaron para esta sexta feira unha nova manifestación en Ferrol en apoio á Cruz Vermella, despois dos ataques sufridos nos últimos días na súa sede e nun vehículo do servizo de teleasistencia.
Após dous anos de protestas, o estudantado galego volveuse concentrar en Santiago de Compostela para reclamar o dereito á vivenda e un investimento planificado na ampliación da rede pública de residencias universitarias. O acceso ao ensino superior non pode depender do aloxamento estudantil, un dos…
As fortes choivas deixaron inundacións, caídas de árbores, desprendementos e problemas de circulación, ademais de afectar o tráfico ferroviario e obrigar a fechar parques e modificar programacións festivas.
Catalunya parece entrar nun tempo novo logo da represión que viviu o movemento soberanista. O Tribunal Constitucional ordenou ao Supremo que aplique a lei de amnistía aos delitos de malversación relacionados co 'procés' e o xuíz Pablo Llarena levantou a orde de detención de Carles Puigdemont.
"Non imos deixar a xente tirada", dixo Pedro Sánchez esta terza feira na súa comparecencia para anunciar que o Consello de Ministros aprobou dous novos reais decretos sobre vivenda, que serán enviados á Deputación Permanente para a súa convalidación.