BNG e PSdeG ven "insuficiente" a Lei contra a violencia dixital e reprochan á Xunta que non fixe "obrigas concretas"
A Xunta iniciou no Parlamento a tramitación da lei contra o acoso e a violencia dixital, un proxecto que BNG e PSdeG consideran insuficiente e que, ao seu xuízo, non concreta recursos, obrigas nin mecanismos de actuación. As dúas formacións presentaron emendas á totalidade, que foron rexeitadas.