O BNG de Cangas reclama á Xunta que asuma a súa "responsabilidade" en vivenda ante o caso dunha veciña ameazada de desafiuzamento
A formación nacionalista asegura que o Concello está a realizar xestións para procurar unha alternativa habitacional e rexeita o "uso partidista" do caso. A afectada, de 71 anos, está ameazada de desafiuzamento e vive soa.