A Fegamp condena a agresión a Alberto Varela: "A discrepancia política nunca pode derivar en insultos ou ameazas"
A xunta de voceiros da federación, integrada por representantes do PP, do BNG e do PSdeG, aprobou unha declaración institucional na que reclama “rebaixar a tensión” e defende a discrepancia política fronte aos insultos, ameazas e agresións.